miércoles, 28 de abril de 2010

VISITA AO CONCELLO E A CORREOS

Hoxe, día 28 de abril, ademáis de celebrar o aniversario do noso compañeiro Xaime, fomos visitar o Concello de Cangas e a oficina de Correos.
No Concello recibiunos a Alcaldesa, Clara Millán, que nos deixou sentar no seu sillón e facer de concellais e de membros da oposición.





Tamén fixemoslle moitas preguntas e respondeunos a todo.



Despois do Salón de Plenos fixemos un percorrido polo Concello, pasamos polo despacho da alcaldesa e acompañounos ao balcón.





Despois de merendar fomos a Correos, alí escribimos o noso nome nunha carta e a pasamos por unha máquina para poñerlle o "mataselos".
Tamén mandamos algunha carta para os nosos familiares.









Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...
¡Pasámolo moi ben!
























2 comentarios:

  1. Agora entendo porque recibín eu unha carta que me encantou. Teño que contesla e pasar por correos para enviarlla aos vaqueiros e vaqueiras do cole.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Que emoción estar no salón de plenos e ser recibidos/as pola Alcaldesa!!
    Vaille facer moita ilusión ós vosos familiares recibir unha carta manuscrita, é un costume que imos perdendo e ten o seu encanto.
    Bicos doces de néctar de milflores

    ResponderEliminar