jueves 17 de diciembre de 2009

REMATA O OUTONO





CO FIN DO OUTONO CAEN TÓDALAS FOLLAS DAS ÁRBORES E NO PATIO

APROVEITAMOS PARA XOGAR E DIVERTIRNOS CON ELAS ...





COA CHEGADA DO FRÍO EMPEZAMOS A PREPARARNOS PARA O NADAL.

AS NOSAS CARTAS PARA OS REIS MAGOS ESTÁN CASE LISTAS.


ESPERAMOS QUE VEÑAN, COMA SEMPRE, CARGADIÑOS DE AGASALLOS PARA TODOS/AS.

viernes 20 de noviembre de 2009

TODOS TEMOS DEREITOS



HOXE, 20 DE NOVEMBRO, CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, E COMO NO COLE DA RÚA SOMOS MOITOS, CELEBRÁMOLO CON MOITA ILUSIÓN.


AS NOSAS CONVERSAS FORON PARA RECORDAR CALES ERAN OS PRINCIPAIS DEREITOS DOS NENOS/AS, E A VERDADE QUE ATOPAMOS ALGÚNS MOI INTERESANTES.

É CERTO QUE O QUE MÁIS GUSTOU A MAIORÍA É AQUEL DE:

"TODOS TEMOS DEREITO A XOGAR"...
E ASÍ O CONTAMOS NOS NOSOS
DEBUXOS E REALIZACIÓNS
PLÁSTICAS.

CON TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO

¡DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS!

lunes 16 de noviembre de 2009

Por fin chegou o Magosto



O pasado venres 13 de novembro,despois de moito esperar, por fin celebramos
o Magosto no Colexio.
Foi unha mañá moi divertida. Nas clases pintamos e xogamos, e cando as castañas estiveron asadas, saímos ao patio a comelas... e despois, a seguir xogando e emborrallándonos coas cinzas da fogueira.

Así quedaron a nosa cara e as nosas mans...







martes 3 de noviembre de 2009

ESTE CURSO SOMOS "VAQUEIROS"













OS ALUMNOS DE 5 ANOS


XA MEDRAMOS MOITO.





ESTE CURSO SOMOS OS MAIORES DE EDUCACIÓN INFANTIL,


E DEIXAMOS ATRÁS AS COUSAS DE PIRATAS PARA CONVERTIRNOS EN AUTÉNTICOS VAQUEIROS DO OESTE.




¡QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS ESTA AVENTURA!

AQUÍ VAN ALGUNHAS DAS NOSAS MELLORES IMAXES...

¡BENVIDOS AO RANCHO DA CLASE DE 5 ANOS!







lunes 22 de junio de 2009

A NOITE DE SAN XOÁN

A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura.

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como "solsticio de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o “solsticio invernal" no día de San Silvestre.

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das cales canta a mocidade, baila e brinca por riba das chamas; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga lávase, á mañá seguinte, toda a familia.
As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá, na eira dun veciño, o que estaba recollido no alpendre.




DITOS E REFRÁNS


Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:


- En san Xoán, as bruxas fuxirán.

- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.

- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.

- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.

- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.

- En san Xoán, cardos dan.

- No san Xoán, peras na man.

- No san Xoán, as peras caen ó chan.

- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.

- No san Xoán, fouciña na man.

- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.

- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.

- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.

- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.

- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.

- Polo san Xoán, as nove co día darán.

- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.

- 0 dia de san Xoán, é o día máis longo do verán.

- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.












viernes 5 de junio de 2009

OS PIRATAS DA RÚA TAMÉN FALAMOS GALEGO

AQUÍ TEMOS UNHA MOSTRA DOS NOSOS NOMES DE PIRATAS

martes 12 de mayo de 2009

"A GALIÑA CHURRA" - Teatro en Vigo
















O MARTES 12 DE MAIO OS NENOS/AS DE INFANTIL

ESTIVEMOS NO TEATRO DE CAIXA NOVA DE VIGO

MIRANDO A OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA CHURRA".










AQUÍ ESTÁ GALIÑA
CO SEU AMIGO
O RATO.
QUE DIVERTIDO É O TEATRO !