martes, 23 de febrero de 2010

Visita ao LIDL


A clase dos vaqueiros estivemos hoxe visitando o LIDL.





Ademáis de coñecer os produtos que se expoñían en cada corredor, puidemos aprender e facer moitas máis cousas, coma preparar unhas "balas" de cartón para reciclar, de 500 Kg de peso. Tamén entramos na oficina do super e ali nos enseñaron a caixa forte, onde se gardan as moedas para dar os cambios á xente.



Logo, cada un de nós fixo a compra coa lista e os cartos que trouxemos da casa, pero o que máis nos gustou de todo foi poder ser caixeros/as por un rato, xa que todos cobramos e devolvemos o cambio a un compañeiro/a.




Nós podemos decir que nos portamos ben, pero os que se portaron mellor foron tódolos empregados e os xefes do LIDL que nos trataron de marabilla, nos ensinaron moitas cousas e ademais nos regalaron unha bolsa con froita, zumos e bolos para merendar.
Esta sí que foi una visita inesquecible.


Grazas tamén a tódalas mamás e papás que nos acompañaron xa que sen eles non sería posible este estupendo día.