lunes, 22 de junio de 2009

A NOITE DE SAN XOÁN

A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura.

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como "solsticio de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o “solsticio invernal" no día de San Silvestre.

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das cales canta a mocidade, baila e brinca por riba das chamas; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga lávase, á mañá seguinte, toda a familia.
As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá, na eira dun veciño, o que estaba recollido no alpendre.




DITOS E REFRÁNS


Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:


- En san Xoán, as bruxas fuxirán.

- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.

- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.

- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.

- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.

- En san Xoán, cardos dan.

- No san Xoán, peras na man.

- No san Xoán, as peras caen ó chan.

- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.

- No san Xoán, fouciña na man.

- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.

- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.

- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.

- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.

- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.

- Polo san Xoán, as nove co día darán.

- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.

- 0 dia de san Xoán, é o día máis longo do verán.

- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.












viernes, 5 de junio de 2009

OS PIRATAS DA RÚA TAMÉN FALAMOS GALEGO

AQUÍ TEMOS UNHA MOSTRA DOS NOSOS NOMES DE PIRATAS