miércoles, 25 de marzo de 2009

BOLBORETAS DE ILUSIÓN


PINTAMOS PARA QUE
TODOLOS NENOS E NENAS
DO MUNDO VIVAN EN PAZ





OS NENOS/AS DE 4 ANOS, TAMÉN PENSAMOS NOS NENOS/AS DE GAZA,

E DENDE AQUÍ QUEREMOS FACERLLES CHEGAR ESTAS
BOLBORETAS CHEAS DE ILUSIÓN QUE PINTAMOS PARA ELES.












lunes, 23 de marzo de 2009





Os alumnos/as de 4 anos, sabemos atopar boas novas nos xornais


coma esta, da que foi protagonista o papá dunha nena da nosa clase,


e que nós ilustramos e trasladamos ao taboleiro da entrada do cole,


alí podedes atopala máis amplamente.






¡Alegrámonos con todos!
































AULA DE 4 ANOS


DATA: 2º trimestre 08-09


“TODOS/AS SOMOS DIFERENTES”

Aos nenos/as de 4 anos lles gusta moito facer comparacións, aproveitan calquera ocasión para facelo: comparan o tamaño dos lápices, das pinturas que utilizan para colorear, o número de galletas da merenda, ou a cantidade de bólas que lles toca a cada un para facer un colar... e as veces isto é motivo de pequenas discusións entre eles.

Aproveitando este interese polas comparacións, decidín primeiro cambiar o título da unidade didáctica “todos somos iguais” por outro moito máis interesante para eles e que nos vai a dar a oportunidade de seguir facendo comparacións: “todos somos diferentes”.




PREPARAMOS A CINTA MÉTRICA.

CON ELA IMOS MEDIRNOS TODOS OS NENOS/AS DA CLASE DOS PIRATAS.

CAL SERÁ O PIRATA MÁIS ALTO?

E O MÁIS BAIXO? ....




TODOS/AS SOMOS DIFERENTES, TEMOS UNHA ESTATURA E UN

PESO DIFERENTES.

QUEN É MÁIS ALTA?


XUNTOS, APRENDEMOS A FACER COMPARACIÓNS, A ESTIMAR RESULTADOS, APRECIAMOS AS DIFERENZAS QUE NOS FAN DIVERSOS, ÚNICOS...
















SARAI E DAVID DESCUBREN

QUE TEÑEN CASE A MESMA ALTURA.















CÓS PES BEN APOIADOS NO CHAN, ONDE SE


ATOPA O NÚMERO “0” DA NOSA CINTA


MÉTRICA, XOEL MARCA A SÚA ESTATURA:


113 CENTÍMETROS.








A TODOS, COMO A TEO, NOS
GUSTA COÑECER AS NOSAS


MEDIDAS E DESCUBRIR QUE
TODOS/AS SOM
OS DIFERENTES













ADRIAN,

MOI SERIO,

TOMANDO AS

SÚAS MEDIDAS.







COA BÁSCULA NOS PESAMOS PARA COMPROBAR SE SON CERTAS AS NOSAS


PREDICIÓNS.



E PARECE QUE ACERTAMOS. DESPOIS DE DISCUTILO UN POUCO CHEGAMOS A


UN ACORDO:



BRAIS PESA MÁIS QUE HÉCTOR


PORQUE “O 3 MANDA MÁIS QUE O 2”.





AQUÍ ABAIXO TEMOS UNHA TÁBOA NA QUE CADA UN ANOTOU O SEU NOME, O SEU PESO E A SÚA ESTATURA.

CONSEGUIREMOS ORDENALA DALGUNHA MANEIRA ?

COA CINTA MÉTRICA QUE TEMOS PEGADA NA PIZARRA, TAMÉN

PODEMOS MEDIR TODA CLASE DE OBXECTOS.



COMPARAMOS OBXECTOS DE DISTINTOS TAMAÑOS.

ALGÚNS SON GRANDES COMA
ESTE BARCO DE PIRATAS…















LENA MIDE UN OBXECTO PEQUENO, O COFRE DO TESOURO...

CANTO MEDIRÁ ESTE COFRE
PEQUENIÑO DO BARCO?












E O COFRE GRANDE DA CLASE?



AGORA SABEMOS QUE OS NÚMEROS SON MOI IMPORTANTES NA NOSA VIDA, XA QUE NOS AXUDAN A COÑECERNOS MELLOR A NÓS MESMOS E ÁS COUSAS QUE ESTÁN NO NOSO ENTORNO.



Tendo en conta que nesta esta actividade estanse a traballar aspectos propios dos diversos ámbitos como a propia identidade, a linguaxe escrita, a numeración ordinal e cardinal, ou a grafía dos números, as sesións leváronse a cabo en espazos de 20 a 30 minutos aproximadamente e ó longo de 15 días.
No seu desenvolvemento preténdese acadar:

OBXECTIVOS:
Descubrir que hai moitos tipos de listas, segundo o criterio que se utilice para ordenalas.
Mellorar o propio coñecemento e autoestima.
Identificación e recoñocemento das propias medidas.
Aprender a medir obxectos.
Avanzar no coñecemento da formación da serie numérica, e da súa representación gráfica.


CONTIDOS:
· Facer estimacións.
· Realizar medicións de obxectos e persoas.
· Facer comparacións entre obxectos.
· Interpretar datos sinxelos.
· Relacionar 2 ou 3 datos comparándoos.
· Representar gráficamente as nosas medidas: peso e altura.





CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

- Se mostra interese polo seu propio coñecemento, realizando con gusto as actividades de peso e medida.
- Se fai comparacións de datos, estimacións de resultados.
- Se elabora hipóteses cunha certa lóxica.
- Se é capaz de representar gráficamente, e con corrección, os números das súas medidas.
- Se é capaz de ordenar 2 ou 3 elementos dunha lista.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE:

- Se permitiu aos alumnos/as construir activamente os seus propios coñecementos.
- Se permitiu unha aprendizaxe cooperativa.
- Se promoveu a interación e a comunicación entre os nenos/as entre sí e coa mestra.
- Se se utilizaron os materiais e recursos axeitados.
- Se as distintas tarefas tiveron un grao de dificultade axeitada á maioria dos nenos/as.
- Se atoparon unha vinculación real entre as matemáticas e a súa utilidade para resolver situacións da vida diaria.