martes, 10 de febrero de 2009

OS NOSOS NOMES DE PIRATAS




OS NOSOS NOMES DE PIRATAS



As mamás e papás dos nenos/as de 4 anos, mandáronnos ideas sobre os posibles nomes dos seus “piratas”, e como nos pareceron tan divertidos queremos compartilos con todos vós.


XOEL o pirata, o tesouro atrapa.
HUGO o pirata, non nos des tanto a lata.


ANXO o pirata, o rei da piñata.
TEO o pirata que come caldo de rata.




SHEYLA a pirata que lle gusta moito o bocata de tortilla de patata.
BRAIS o pirata surca temporais, o pirata captura metais... ou o pirata sen máis.




DANIEL o pirata que ten un sombreiro de “folla de lata”.
LÚA a pirata pata de lata, que garda un tesouro con moedas de prata.




ADRIÁN o pirata máis terrible, loita cós piratas do Caribe.
DAVID o pirata máis feliz.




JOEL o pirata de papel.
SARAI a pirata que na loita, sempre come froita.




XAIME o pirata capitán que en vez de loro, ten un can.
ROSEMARY a pirata do lugar que máis lle gusta xogar.



LUCAS o pirata grandullón que non teme nin un ciclón.
LENA a pirata que da medo, sen mover sequera un dedo.




SABELA a pirata máis valente que non lle teme á xente.
AMINA a piratiña do vento que canta sen parar un momento.




ROQUE o pirata divertido que non perdeu o sentido.



HECTOR HUGO o pirata xenial.
Ten unha espada especial,
con ela ten que loitar
pois o tesouro quere gañar
ao capitán dun barco
que é un truán.
O tesouro gañou
e para o seu barco o levou.


Os seus compañeiros, os piratas gritaron:
¡Hector Hugo gañador!


Co ouro arranxaron o barco
que estaba destartalado.