
OS NOSOS NOMES DE PIRATAS
HUGO o pirata, non nos des tanto a lata.
ANXO o pirata, o rei da piñata.
TEO o pirata que come caldo de rata.
SHEYLA a pirata que lle gusta moito o bocata de tortilla de patata.
BRAIS o pirata surca temporais, o pirata captura metais... ou o pirata sen máis.
DANIEL o pirata que ten un sombreiro de “folla de lata”.
LÚA a pirata pata de lata, que garda un tesouro con moedas de prata.
ADRIÁN o pirata máis terrible, loita cós piratas do Caribe.
DAVID o pirata máis feliz.
JOEL o pirata de papel.
SARAI a pirata que na loita, sempre come froita.
XAIME o pirata capitán que en vez de loro, ten un can.
ROSEMARY a pirata do lugar que máis lle gusta xogar.
LUCAS o pirata grandullón que non teme nin un ciclón.
LENA a pirata que da medo, sen mover sequera un dedo.
SABELA a pirata máis valente que non lle teme á xente.
AMINA a piratiña do vento que canta sen parar un momento.
ROQUE o pirata divertido que non perdeu o sentido.
HECTOR HUGO o pirata xenial.
Ten unha espada especial,
con ela ten que loitar
pois o tesouro quere gañar
ao capitán dun barco
que é un truán.
O tesouro gañou
e para o seu barco o levou.
Os seus compañeiros, os piratas gritaron:
¡Hector Hugo gañador!
Co ouro arranxaron o barco
que estaba destartalado.
Felicito aos pais e nais por estas rimas cos nomes dos/das piratas. Xa queda pouco para a festa do entroido, haberá que ir preparándonos para izar as velas e zarpar.
ResponderEliminarUnha aperta
Falta a Pirata Maior.
ResponderEliminarLoly piratea a bordo dunha batea.
Coa súa espada de caramelo,
déixalles a todos cara de medo.
¡¡AHHHHHHHH!!
BICOS PARA TODOS E TODAS DUNHA APRENDIZ DE PIRATA.