viernes, 30 de enero de 2009

A cabritiña frautista. Conto













A CABRITIÑA FRAUTISTA





Había unha vez unha cabritiña moi alegre e saltarica que se chamaba Branquiña. Un día cando paseaba polo monte, acordouse do seu amigo o Pirata Pata de Lata que vivía na illa Tartaruga, e decidiu que xa era hora de ir a visitalo, así que foi correndo ata o muelle e subiu nun barco para ir a ver ao seu amigo.






Cando levaban dous días navegando, atoparon una tormenta



moi grande, e coa forza do vento e da chuvia, o barco afundiu.









A cabritiña Branquiña chegou nadando ata unha rocha, e dende alí empezou a tocar a súa frauta, xa que sempre a levaba con ela, e tocou con tanta forza que os helicópteros de rescate que buscaban o barco, enseguida a atoparon, e a subiron a bordo para levala a illa do seu amigo.



Cando a cabritiña chegou á illa Tartaruga, o Pirata Pata de Lata fixo unha gran festa para celebrar a visita da súa amiga Branquiña, e a partir dese momento decidiron que xa non ían ser só amigos, senón que tamén querían ser noivos. E así foi, ata que un día decidiron casarse e celebraron unha gran festa á que invitaron a toda-la xente da illa.



E houbo música e baile e comida para todos durante moitos, moitos días...


E ¡colorín, colorete non te descoides que cae un foguete!

martes, 27 de enero de 2009

INVENTANDO CONTOS DE PIRATAS

Estes días os nenos/as de 4 anos, estamos inventando un conto sobre piratas. O título e "A cabritiña frautista". Como estes nenos son tan xeniais temos moitas ideas para o noso conto. Pronto o publicaremos neste blogge.