viernes, 29 de enero de 2010

ASI PREPARAMOS O ENTROIDO

As mamás, papás, tías, irmáns... dos nenos e nenas de 4 e 5 anos, xuntámonos hoxe, venres pola tarde, para elaborar os disfraces que luciremos neste entroido.

Este ano, todos os de Infantil do cole vamos de "científicos tolos", a idea vainos de marabilla... e si non, mirade ao papá de Anxo probando os lentes.


Foi un rato moi divertido: as mamás e papás cortaban, cosían, colaban....






Os mais pequenos colorearon os debuxos dos "vaqueiros chiflados" que completan o disfraz.



E entre cousa e cousa tamén tivemos tempo de ensaiar e aprender a canción que cantaremos no desfile. Non a sabedes? Investigar... investigo...















Se queredes pasalo ben e saber si realmente estamos "chiflados" invitámosvos a compartir con nós a festa do entroido o próximo día 12 de febreiro.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este é o noso desexo para todos:

un mundo en PAZ, sen guerras nin violencia, un mundo de

amigos que se axudan e respectan nas diferencias...



Escribimos a Paz nas distintas linguas do mundo.













martes, 12 de enero de 2010

Os Magos pasaron pola clase dos vaqueiros...





Despois destas longas vacacións de Nadal, na clase dos vaqueiros atopamos as pegadas dos Reis Magos e os seus camelos convertidas en xoguetes, puzzles e libros para todos. Queredes ver como quedaron as nosas caras ao descubrir os agasallos?








A verdade que disfrutamos moito abrindo os regalos e pasamos toda a mañá descubrindo os novos xogos. Hoxe tocaba investigar os regalos, e vaia se investigamos...!