Ola Lena, son Buddy, e como onte querías saber como cheguei ata a Rúa, vouche dicir que o que en realidade tedes na aula é certamente un boneco, como se fora unha foto miña para que vos acordedes deste amigo do Oeste que desfruta sempre coas vosas noticias. Esa foto chegou ahí "voando" dende o deserto de Arizona.

Ahí tedes unha nova foto desde deserto, que aínda que parece seco, esconde moitos tesouros. Algún xa os coñecedes como aquel fermoso paxaro o "Chochín dos cactus", ou os saguaros.... pero tamén temos fermosas flores como esta, doutro tipo de cactus.

Sei que seguides aprendendo cousas sobre Cangas, a vosa vila, e que faredes algunha saída para coñecela un pouco mellor, así que tamén me gustará que me contedes todas esas cousas da vosa localidade que me gustaría coñecer persoalmente algún día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario