Hoxe, día 28 de abril, ademáis de celebrar o aniversario do noso compañeiro Xaime, fomos visitar o Concello de Cangas e a oficina de Correos.

No Concello recibiunos a Alcaldesa, Clara Millán, que nos deixou sentar no seu sillón e facer de concellais e de membros da oposición.

Tamén fixemoslle moitas preguntas e respondeunos a todo.

Despois do Salón de Plenos fixemos un percorrido polo Concello, pasamos polo despacho da alcaldesa e acompañounos ao balcón.


Despois de merendar fomos a Correos, alí escribimos o noso nome nunha carta e a pasamos por unha máquina para poñerlle o "mataselos".

Tamén mandamos algunha carta para os nosos familiares.



Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...



Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...
¡Pasámolo moi ben!