miércoles, 17 de noviembre de 2010
miércoles, 27 de octubre de 2010
XA ESTAMOS AQUÍ
OS EXPLORADORES LARPEIROS, NENOS E NENAS DE 3 ANOS,

XA ESTAMOS AQUÍ,
DISPOSTOS A EXPLORAR PARA COÑECER


APRENDER E GOZAR...


AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DESES DOCES MOMENTOS DE
LARPEIROS.



E TEMOS MOITAS MÁIS.....
lunes, 31 de mayo de 2010
Visita ao casco vello de Cangas
Onte os nenos/as de 5 anos fixemos un percorrido moi interesante polo casco vello de Cangas.



Contounos como vivían as persoas de Cangas hai moitos anos, como eran as casas de patín, percorremos o mercado e chegamos ata a Rúa Real, onde rematou o noso percorrido.
Chegamos a Cangas camiñando, e na Capela do Hospital nos esperaba Raquel, unha guía de turismo que nos acompañou e nos explicou moitas cousas da nosa vila.
Logo merendamos e xogamos un rato no parque.
l
miércoles, 28 de abril de 2010
VISITA AO CONCELLO E A CORREOS
Hoxe, día 28 de abril, ademáis de celebrar o aniversario do noso compañeiro Xaime, fomos visitar o Concello de Cangas e a oficina de Correos.

No Concello recibiunos a Alcaldesa, Clara Millán, que nos deixou sentar no seu sillón e facer de concellais e de membros da oposición.

Tamén fixemoslle moitas preguntas e respondeunos a todo.

Despois do Salón de Plenos fixemos un percorrido polo Concello, pasamos polo despacho da alcaldesa e acompañounos ao balcón.


Despois de merendar fomos a Correos, alí escribimos o noso nome nunha carta e a pasamos por unha máquina para poñerlle o "mataselos".

Tamén mandamos algunha carta para os nosos familiares.



Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...



Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...
¡Pasámolo moi ben!
domingo, 25 de abril de 2010
Linda, a amiga de Buddy
Xa coñecedes o nome da miña amiga Linda.
Ela tamén vive en Arizona, e ahí estamos visitando, xunto con outros amigos, o Gran Cañón do Colorado.
Ela tamén vive en Arizona, e ahí estamos visitando, xunto con outros amigos, o Gran Cañón do Colorado.
martes, 20 de abril de 2010
Os amigos de Buddy

Ola amigos e amigas vaqueiros:
hoxe vou responder a algunhas das vosas preguntas e curiosidades sobre a miña vida no Oeste.
En primeiro lugar teño que contarvos que aquí tamén temos ordenadores, xa que as vilas e cidades nas que vivimos son moi parecidas ás vosas, e tamén existen nos ranchos, xa que son un medio de comunicación e de información moi importante que ahora me permite manter estas conversacións con vós.
Aquí tedes a algúns dos meus amigos, camiño do noso rancho.

miércoles, 14 de abril de 2010
O tempo no deserto
Ola amigos/as vaqueiros, hoxe vou responder as vosas preguntas sobre as temperaturas no deserto.
O primeiro que teño que decirvos é que polo día hai bastante calor, nos meses de xullo e
agosto, polo día podemos chegar a ter 50 graos de temperatura, e pola noite se poden
acadar os -9 graos.

Como vedes hai moita diferencia de temperatura entre o día e a noite.
Mañá, máis cousas amigas Sheyla, Lena....... Bicos de vaqueiros para todos/as.
O primeiro que teño que decirvos é que polo día hai bastante calor, nos meses de xullo e
agosto, polo día podemos chegar a ter 50 graos de temperatura, e pola noite se poden
acadar os -9 graos.

Como vedes hai moita diferencia de temperatura entre o día e a noite.
Mañá, máis cousas amigas Sheyla, Lena....... Bicos de vaqueiros para todos/as.
martes, 13 de abril de 2010
BUDDY RESPONDE A LENA
Ola Lena, son Buddy, e como onte querías saber como cheguei ata a Rúa, vouche dicir que o que en realidade tedes na aula é certamente un boneco, como se fora unha foto miña para que vos acordedes deste amigo do Oeste que desfruta sempre coas vosas noticias. Esa foto chegou ahí "voando" dende o deserto de Arizona.

Ahí tedes unha nova foto desde deserto, que aínda que parece seco, esconde moitos tesouros. Algún xa os coñecedes como aquel fermoso paxaro o "Chochín dos cactus", ou os saguaros.... pero tamén temos fermosas flores como esta, doutro tipo de cactus.

Sei que seguides aprendendo cousas sobre Cangas, a vosa vila, e que faredes algunha saída para coñecela un pouco mellor, así que tamén me gustará que me contedes todas esas cousas da vosa localidade que me gustaría coñecer persoalmente algún día.
miércoles, 24 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)