jueves, 17 de febrero de 2011

PREPARANDO AS FILLOAS

COMO VAI QUEDANDO POUCO TEMPO PARA O ENTROIDO, OS LARPEIROS DE TRES ANOS ESTAMOS PENSANDO XA NAS FILLOAS...


ASÍ QUE O XOVES PASADO, COA AXUDA DA PROFE PILI, PREPARAMOS E DEGUSTAMOS UNHAS RIQUÍSIMAS FILLOAS.



ALGÚNS XA QUERÍAN COMER ANTES DE REMATAR...
POR FIN CHEGOU A HORA DE PROBAR:
FILLOAS CON MERMELAD DE MAZÁ,
CON MERMELADA DE MELOCOTÓN,
E AS ESPECIAIS, SÓ CON AZUCRE.




TODAS ESTABAN DE CONTO...


lunes, 7 de febrero de 2011

COMIDAS DE CONTO

OS NENOS/AS DA CLASE DOS EXPLORADORES LARPEIROS, ESTAMOS INVESTIGANDO COMO SON AS COMIDAS QUE APARECEN NOS CONTOS.
CON BLANCANIEVES APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE AS MAZÁS...
TAMÉN PREPARAMOS UNHA RIQUÍSIMA COMPOTA.

DESPOIS DE PELAR AS MAZÁS ENGADIMOS AZÚCAR E CANELA


E AQUÍ TEMOS O RESULTADO...


SEGUIREMOS INVESTIGANDO SOBRE AS COMIDAS PREFERIDAS DOS PROTAGONISTAS DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS.







miércoles, 17 de noviembre de 2010


ASI FOI O NOSO MAGOSTO


COMEMOS RIQUÍSIMAS CASTAÑAS


XOGAMOS E PASÁMOLO MOI BEN CÓS AMIGOS/AS FACENDO EQUILIBRIOS CÓS NOSOS BOTES DE CASTAÑAS...



PREPARAMOS UNHA PANCARTA ....
BAILAMOS, CANTAMOS .... E CONTAMOS O CONTO DA CASTAÑA QUE REVENTOU COA RISA.
VIVA O MAGOSTO!































martes, 9 de noviembre de 2010


A SEMANA PASADA, OS EXPLORADORES LARPEIROS LEMOS O CONTO "O HOMIÑO DE MAZAPÁN"

E COMO NOS GUSTOU TANTO, DECIDIMOS FACER OS NOSOS HOMIÑOS DE PAN...






ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOSAS RIQUÍSIMAS E FERMOSAS OBRAS DE ARTE.







BO PROVEITO!

























miércoles, 27 de octubre de 2010

XA ESTAMOS AQUÍ

OS EXPLORADORES LARPEIROS, NENOS E NENAS DE 3 ANOS,


XA ESTAMOS AQUÍ,
DISPOSTOS A EXPLORAR PARA COÑECER
APRENDER E GOZAR...



AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DESES DOCES MOMENTOS DE
LARPEIROS.


E TEMOS MOITAS MÁIS.....















lunes, 31 de mayo de 2010

Visita ao casco vello de Cangas



Onte os nenos/as de 5 anos fixemos un percorrido moi interesante polo casco vello de Cangas.








Chegamos a Cangas camiñando, e na Capela do Hospital nos esperaba Raquel, unha guía de turismo que nos acompañou e nos explicou moitas cousas da nosa vila.







Contounos como vivían as persoas de Cangas hai moitos anos, como eran as casas de patín, percorremos o mercado e chegamos ata a Rúa Real, onde rematou o noso percorrido.
Logo merendamos e xogamos un rato no parque.









l

miércoles, 28 de abril de 2010

VISITA AO CONCELLO E A CORREOS

Hoxe, día 28 de abril, ademáis de celebrar o aniversario do noso compañeiro Xaime, fomos visitar o Concello de Cangas e a oficina de Correos.
No Concello recibiunos a Alcaldesa, Clara Millán, que nos deixou sentar no seu sillón e facer de concellais e de membros da oposición.





Tamén fixemoslle moitas preguntas e respondeunos a todo.



Despois do Salón de Plenos fixemos un percorrido polo Concello, pasamos polo despacho da alcaldesa e acompañounos ao balcón.





Despois de merendar fomos a Correos, alí escribimos o noso nome nunha carta e a pasamos por unha máquina para poñerlle o "mataselos".
Tamén mandamos algunha carta para os nosos familiares.









Xa de volta para o cole paramos a xogar un rato no parque de Rodeira, que todo é necesario...
¡Pasámolo moi ben!