As mamás, papás, tías, irmáns... dos nenos e nenas de 4 e 5 anos, xuntámonos hoxe, venres pola tarde, para elaborar os disfraces que luciremos neste entroido.
Este ano, todos os de Infantil do cole vamos de "científicos tolos", a idea vainos de marabilla... e si non, mirade ao papá de Anxo probando os lentes.
E entre cousa e cousa tamén tivemos tempo de ensaiar e aprender a canción que cantaremos no desfile. Non a sabedes? Investigar... investigo...
Se queredes pasalo ben e saber si realmente estamos "chiflados" invitámosvos a compartir con nós a festa do entroido o próximo día 12 de febreiro.