
A CABRITIÑA FRAUTISTA
Había unha vez unha cabritiña moi alegre e saltarica que se chamaba Branquiña. Un día cando paseaba polo monte, acordouse do seu amigo o Pirata Pata de Lata que vivía na illa Tartaruga, e decidiu que xa era hora de ir a visitalo, así que foi correndo ata o muelle e subiu nun barco para ir a ver ao seu amigo.
Cando levaban dous días navegando, atoparon una tormenta
A cabritiña Branquiña chegou nadando ata unha rocha, e dende alí empezou a tocar a súa frauta, xa que sempre a levaba con ela, e tocou con tanta forza que os helicópteros de rescate que buscaban o barco, enseguida a atoparon, e a subiron a bordo para levala a illa do seu amigo.

Cando a cabritiña chegou á illa Tartaruga, o Pirata Pata de Lata fixo unha gran festa para celebrar a visita da súa amiga Branquiña, e a partir dese momento decidiron que xa non ían ser só amigos, senón que tamén querían ser noivos. E así foi, ata que un día decidiron casarse e celebraron unha gran festa á que invitaron a toda-la xente da illa.
E houbo música e baile e comida para todos durante moitos, moitos días...
E ¡colorín, colorete non te descoides que cae un foguete!